luns, 15 de decembro de 2014

AGASALLO.EU

QUE AGASALLAR POLO NADAL?
Agasalla cultura, Cultura Galega!


enlace á paxina AGASALLO.EU

Libros, Música, Tecnoloxía, Xogos,...

Ás veces temos dúbidas ou non sabemos que agasallar. Pois,..ante a dúbida...un libro, e un libro en galego. Nunca se ten suficientes libros!

Por que en galego?
Ademáis de ser o galego a nosa Língua, trátase de coñecer non só a lingua, senon a nosa cultura, o noso entorno próximo, o noso patrimonio!

Necesitamos escoitar e  ler en galego, adquirir competencia na nosa Lingua, coñecer vocabulario e estructuras de Linguaxe. Competencia para logo manexar os contidos escolares. (Non só Lingua Galega, Sociais, Naturais,e ata as outras Linguas).



NADAL, AGASALLOS E APALPADOR!

Xa está chegando o Nadal á Rúa e ás casas.
No colexio temos ornamentación a dúas cores: vermello e prata!
Corredores e aulas moi ornamentadas. Da gusto velas! Imaxinación e creatividade están detrás das complexas estrelas, bailarinas, bonecos de mazapán que colgan e adornan.

Xa nos preparamos para un festival cheo de panxoliñas, actuacións teatrais e coreografías en inglés.

Unha das figuras destacadas do Nadal, o noso ...Apalpador.
Quen é o Apalpador?

Vexamos como o contan o CEIP de Coirón, Dena, cos que nos hemanamos nas Apertas Visuais.
Velaí un video conto elaborado por eles...




O Apalpador vive nas Devesas  do Courel. É un home xigante. Antes era carboneiro. Apaña madeira. No outono aproveita para recoller castañas.
O vello carboeiro, de barbas vermellas, no inverno séntase a carón da lareira e tala figuriñas e xoguetes coa súa navalla.
O 31 de decembro, cando os nenos e nenas de Galicia dormen, o Apalpador baixa da montaña, apalpa as barrigas dos nenos e nenas para comprobar se están ben mantidos.Deixalles un puñado de castañas na mesiña de noite e agocha pola casa algún agasallo. Poida que sexa algún dos xoguetes dos que tala coa súa navalla.

Completísima U.D feita por compañeiros e compañeiras do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo.
Para traballar e profundizar algo máis sobre esta figura e outras análogas.

O APALPADOR.UD.pdf

E que nos di Paco Nogueiras no Brinca vai?





Algo están preparando o alumnado de 3º sobre O Apalpador. Poida que apareza o venres 20 no noso colexio, no Festival de Nadal!

OUTONO DE RECOLLIDA E DE FESTAS

Setembro, Outubro e Novembro...non paramos entre recolleitas e Festas.
En Setembro, a uva e a vendima como protagonistas.
En Outubro, preparámonos para celebrar o Samaín.
En Novembro...o Magosto, a Festa da Castaña.

Este ano, fixemos traballo antes, durante e despois das festas.
Investigamos sobre a orixe do Samaín e estudamos as semellanzas e diferencias Samaín e Halloween.
Recollimos castañas en Magazos, nos castiñeiros de Puri e celebramos o Magosto con uns artísticos gorros e recipientes. Xogos populares. Comics, libros, historias, refráns e búsqueda de información sobre a castaña, tan importante na nosa sociedade galega.

Ademáis da saída a buscar castañas, tamén saímos a apañar cogumelos no monte do Sixto, acompañados do micólogo José Juan.

Ademáis de saídas , tivemos moitas visitas interesantes.
Destacar a visita de Anxo, de ADEGa, Asociación de Ecoloxistas de Galicia.
Moita aprendizaxe! Dentro e fóra das aulas!

Así pasamos o Outono e lle imos dando a Benvida ao Inverno!