martes, 6 de xaneiro de 2015

FESTIVAL DO NADAL.

Agora, que tivemos festa e descanso, podemos contalo!...

  O venres 20 de decembro tivemos...un Festival do Nadal do máis especial!
Grazas a todos e todas por facer posible este conxunto de actuacións espectaculares!

Foi no propio colexio, nun escenario reciclado e aproveitado, demostrando unha vez máis que con pouco pódese facer algo chulo. As enerxías desta volta estiveron dirixidas a preparar o Espectáculo.
Tamén se puxo moito empeño nos ornamentos de gala do corredor: sofisticadísimas e variadas estrelas, bailarinas, bonecos de mazapán,...Moita creatividade a dúas cores: vermella e prateada.





Comezaron os máis pequenos, o conxunto de Infantil, que cantaron "DALLE A VOLTA AO BOMBO!"  Moi apropiado, eles mesmos representan a ilusión e a alegría, coma se se tratara da lotería! Cantaron e contaron...

sábado, 3 de xaneiro de 2015

O NOSO APALPADOR

Dicíamos nunha entrada anterior que algo estaban a preparar sobre O Apalpador os nenos e nenas de 3º curso coa axuda da súa mestra Ana Blanco e tamén de Marcial, o mestre de Música.

Xa había moito que tiñan moi claro que querían rendirlle tributo ao Apalpador no festival do Nadal. O ano pasado xa o mencionaran na súa panxoliña de Nadal.

Este ano quixeron centrarse na figura do Apalpador... Buscaron un texto para poder levar a escea, un poema, unha canción...

En principio pareceulles un pouco dificil a proposta de Paco Nogueiras, no Brinca Vai! Así que...procuraron outra alternativa, chamaron a outra porta...


O texto e a canción de Pablo Díaz neste libro-disco dáballes moito máis xogo para recitar, representar, cantar e contaxiarnos a todos da pegadiza melodía...

..."O Apalpadoor...personaxe singulaaar..."

A actuación foi moi exitosa, gustou moitísimo! Tiñamos un Apalpador moi ben caracterizado e metido no papel. Queredes velo?