martes, 24 de febreiro de 2015

POESÍA DE ROSALÍA

Mergullámonos na poesía en galego de Rosalía de Castro para celebrar:

O Día da Lingua Materna (21 de febreiro)
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Que sorte é ter unha língua propia e que sorte é ter quen a defenda!
A poesía, soa moito mellor en galego, na nosa Lingua.

Este mes de febreiro e tamén en marzo traballamos coa poesía en xeral e con Rosalía de xeito especial.

Doodle de Google para o día 24 de febreiro 2015, 178 aniversario Rosalia de Castro

Se pola celebración da Paz procurábamos poemas de paz, desta volta o alumnado de 1º,2º e 3º de Primaria, axudados polas súas familias procuraron e elixiron un poema de Rosalía de Castro sobre o que traballar. Reescribiron o poema e elaboraron unha ficha de datos.
Para que serán os poemas recollidos?

domingo, 15 de febreiro de 2015

AS NOSAS FESTAS II. MOSTRA FOLCLÓRICA REXIONAL.


Xuntamos de xeito simbólico  unha grande festa galega como é o Entroido con unha importante festa local, Mostra folclórica.
Se o curso pasado fixemos unha Mostra Folclórica Internacional coas culturas implicadas no centro, a proposta deste ano é facer unha Mostra folclórica Rexional.
Lembramos que a temática do Proxecto Comenius , tanto o curso pasado coma este é o baile. Nós representamos a España e tamén a Galicia.
Por iso argallamos desta volta...un Meco sobre danza que nos vestiu ao longo da semana previa de celebración con elementos dos distintos tipos de danza (moderna, folclórica e clásica).
Inspirados e axudados polo Ballet Nacional de España e o seu espectáculo Sorolla, xuntamos o Arte co folclore.
En 1911 a Hispanic Society de Nueva York encarga ao pintor español Joaquín Sorolla 14 grandes lenzos para a súa Biblioteca. O pintor Sorolla recorreu toda España retratando costumes e festas. Visión de España.
O Ballet Nacional de España inspírase neste traballo de Sorolla para plasmalo no escenario.
Nós quixemos rendir homenaxe ao Ballet Nacional de España, que nos axudou a documentarnos e entón tamén ao pintor Joaquín Sorolla y Bastida.
Folclore de España.
E. Infantil- representan a navarros e vascos. San Fermín.
1ºEP- Aragón. A  xota.
2ºEP- Cataluña. A sardana.
3ºEP-Castela. A festa do Pan
4ºEP- Galicia. A Romería.
5ºEP- Andalucía. O Baile. Flamenco.
6ºEP- Andalucía. Os Nazarenos.

A Grande Festa inclúe:
  1. Preparación de todos e de cada un dos traxes. Deseño e e máis elaboración coidadosa con bolsas de plástico, telas, Ironfix, Goma Eva e...moita creatividade logo de documentarse ben.
  2. Preparación do Desfile, parodiando ao Desfile das Nacións, que ten lugar en Agosto, en Viveiro, previo á Mostra folclórica. E tamén emulando ao Ballet de España  (“Siente el vestuario”).Tanto traballo posto na elaboración dos traxes que merecen ser lucidos preparando a posta en escena.
Fotografía  para completar o seguimento do Espectáculo Sorolla (“Bailando a Sorolla”) Photo call.
  1. Baile. Actuación de cada un dos grupos. Representando a cultura da súa zona e o seu baile.
 En Comunidade, en conxunto preténdese chegar á conclusión de que non hai un baile ou unha cultura mellor ca outra. Todas son formas de ser e de pertencer a España en Europa.
Aprendemos moito traballando deste xeito, sobre temáticas, sobre folclore, festas e diversidade cultural dentro dun mesmo país. Xuntando currículo, celebracións e aprendizaxe.

REFERENCIAS e axuda para a documentación: 







Espectáculo Sorolla, inspirado na colección "Visión de España" do pintor Joaquín Sorolla, encargo da Hispanic Society de New York no ano 1911. 
Logo do gran éxito do Espectáculo e o chamativo vestiario xurdiron novas propostas...

¡SIENTE EL VESTUARIO! Desfile do chamativo vestiario que fusiona os traxes rexionais, coa danza e coas coloridas pinceladas que marcan o estilo do pintor Joaquín Sorolla.

BAILANDO A SOROLLA. Trátase de Fotografía artística do fotógrafo David Palacín. Os bailaríns posando. A Exposición das fotografías...no Museo Sorolla.