martes, 17 de xaneiro de 2017

CABAZAS NO SAMAÍN

Cantas cabazas fixeron os nenos de Galdo no Samaín!! Foi impresionante e marabilloso ver como moitos nenos coa axuda de pais ou avós prepararon a súa cabaza para expoñer no colexio. Gatiños, tartarugas, minions, pantasmas, bruxas, vampiros, diaños... as cabazas transformáronse en multitude de personaxes. Pintadas, decoradas, baleiras, con luces, con sons... o noso conserxe Antonio estaba rodeado delas!!Aquí tedes unha mostra da nosa exposición.